lunes, 24 de marzo de 2008


Creemos un mundo novo. Cantas veces se diría isto e cantas veces non se faría? Pero esta vez cho propoño con firmeza, con coraxe, con franqueza, xa non son os susurros que se esvaecían no vento de onte, xa non son as palabras que se diluían nas gotas de orballo, xa non é un tolo soño da ebria xuventude. Xa non.

Esta vez miña proposta son cristais, duros como o diamante ou como o corindón, diáfanos coma a auga dos límpidos ríos, coma a quinta sinfonía de Mozart que soaba aquela tarde. Lembraste? Nos pasábamos as horas deitados sobre aquela gran alfombra que comprárades en Marrocos, ao carón da cheminea, mentres veíamos pola ventá a neve caer paseniñamente e vibraba livián no ar esa melodía. Lembro tamén que xogábamos a inventar unha letra que estivese a súa altura, pero eu acostumaba a calar, sempre escoitándote atento, cada vez que cantabas percorríame o corpo un arreguizo que me levaba á catarse e me facía sentir que meu fogar estaba alí onde estiveses ti.

Entón que? Creamos un mundo novo?

Posted by Esteban at 10:11

1 destello(s) de luciérnaga